DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
De forma presencial no centro do 16 ao 27 de novembro utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible neste enlace e na secretaría do centro
Unha vez rematado o prazo sairá unha lista provisional que se poderá reclamar nos dous días seguintes e unha definitiva posteriormente.
Unha vez finalizado este prazo avisarase por este canle e pola aplicación abalar do procedemento de distribución das máscaras.